Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2023 | Actualizada ás 19:00
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, garantiu este domingo a continuidade do apoio da Xunta ás case 2.000 familias monoparentais que xa hai certificadas en Galicia.
Reafirmaba este compromiso no transcurso da reunión que as familias celebraron en Noia. Jacobo Rey lamentou ademais o retroceso que supón para moitas familias monoparentais de Galicia a nova Lei de Familias que tramita o Goberno central e á que a Xunta presentou alegacións.
A este respecto sinalou que, de aplicarse a normativa tal e como está, perderán esta categoría e non poderán acceder aos beneficios que levan asociados. O director xeral explicou que a lei limita o concepto de familia monoparental a aquelas cun só proxenitor recoñecido ou cun proxenitor que ten custodia exclusiva e non ten dereito a unha pensión de alimentos.
Apunta que, "pola contra, a lei galega recoñece nestes momentos como familias monoparentais a aqueles proxenitores con custoria exclusiva --reciban ou non pensión de alimentos-- ao entender que se enfrontan aos mesmos problemas de conciliación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.