Por E.P. | Galicia | 20/03/2023 | Actualizada ás 17:01
A Real Academia Galega (RAG) estreou este luns o primeiro capítulo de serie web documental sobre Francisco Fernández del Riego, a quen dedica este ano o Día das Letras Galegas.
O primeiro do seis episodios da serie 'Francisco Fernández del Riego. O que nunca se rendeu', xa pode verse, segundo informou a institución académica, na páxina web da RAG e na súa canle de Youtube. Cada luns, estrearase unha nova entrega.
A produción audiovisual percorre a traxectoria vital deste intelectual, "unha figura central do galeguismo da segunda metade do século XX". Este primeiro capítulo, baixo o nome 'As luces primeiras', está centrado na infancia do intelectual de Lourenzá (Lugo) e os primeiros anos da súa mocidade.
Doutra banda, acaba de editarse a obra 'A xeración Galaxia', na que Fernández del Riego, expresidente da RAG, relata a asemblea fundacional da Editorial Galaxia, celebrada o 25 de xullo de 1950 no bodegón do hotel Compostela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.