Sete cociñeiros competirán por ser o "rei das tapas" de Galicia

De Tapas por Galicia elixe mañá ao mellor cociñeiro de petiscos galegos nunha competición con sete profesionais representando a sete cidades

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/03/2023 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Sete petiscos, sete cociñeiros e sete cidades. De Tapas por Galicia 2023 poñerá mañá a competir a sete cociñeiros das principais cidades galegas para promocionar o turismo urbano e a súa oferta gastronómica.

Un dos cociñeiros participantes, Álvaro Pérez, de ArteSana Gastrobar
Un dos cociñeiros participantes, Álvaro Pérez, de ArteSana Gastrobar | Fonte: De Tapas por Galicia

Os finalistas son: Sheila Martínez do restaurante Roots (A Coruña); Álex M. Bacelo e Mar Lago do Bacelo (Ferrol); Beatriz Alcalá de La Zapatería del abuelo (Ourense);  Ana Vilar da Cervexaría Leria (Vigo); Rubén González de El Cafetín de la Alameda (Pontevedra);  Álvaro Villasante do Paprica (Lugo) e Álvaro Pérez de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela).

Cada chef disporá dun máximo de sete minutos para rematar a súa etapa no escenario. Entre as propostas atópanse algunhas como "Gyoza de chocos na súa tinta", "Bocado de aldea", "Canta castaña" ou "Vacalao: do crú ao cociñao".

Os sete cociñeiros disputaranse dous galardóns ante un xurado profesional e integrado por Roberto Filgueira, Martá Fernández, Laura García del Valle, Lola Crespo ou Cesáreo González. Valorarán cada petisco segundo a complexidade técnica, a creatividade, a presentación e o sabor. 

Por outra banda estará o premio do xurado popular, que se elixirá mediante un sistema de televotación. Os dous gañadores faranse con un trofeo acreditativo e un vale de ata 500 euros para gastar en restaurantes do Grupo Nove.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta