Por Galicia Confidencial | Galicia | 24/03/2023 | Actualizada ás 11:57
O Colexio de Podólogos de Galicia celebra mañá un curso gratuíto sobre "Patoloxía clínico-quirúrxica da unlla: Casos clínicos" ao que asistirán máis de 40 podólogos na sede de Santiago de Compostela.
A formación estará impartida polo doutor especialista en dermatoloxía, Jesús María García. O obxectivo é dar formación sobre enfermidades das unllas dos pés desde o punto de vista da dermatoloxía con casos clínicos reais.
"As enfermidades máis frecuentes das unllas dos pés son a onicomicose, a unlla encarnada e os trastornos causados por traumatismos e o calzado", indicou o especialista. O doutor explica tamén que o tratamento quirúrxico é necesario en moitos procesos, principalmente nos tumores benévolos e prexudiciais.
García Silva sinala que é o perfil dos pacientes é variado, sendo os mozos os máis propensos ás "unllas encarnadas" e alteracións causadas pola práctica deportiva. Mentres, nos maiores predominan as onicomicose e os trastornos causados pola insuficiencia arterial. Tamén nas mulleres predominan as alerxias de contacto por pinturas de unllas e alteracións polo uso de zapatos con tacóns altos e puntas estreitas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.