Feridas catro persoas nunha colisión entre dous vehículos en Coristanco

Os servizos sanitarios mobilizaron ata o punto un helicóptero medicalizado

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 26/03/2023 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas tras sufrir unha colisión entre dous vehículos na estrada DP-2904, ao seu paso pola parroquia da Rabadeira, na localidade coruñesa de Coristanco. Segundo trasladou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 16,00 horas. Nese momento, un particular contactou coa central de emerxencias para alertar dos feitos.

Así, os operadores do 112 requiriron a intervención dos servizos sanitarios, que mobilizaron ata o punto un helicóptero medicalizado, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Coristanco e da Garda Civil de Tráfico.

Así mesmo, o 112 sinalou que os equipos de emerxencia tiveron que forzar unha porta dun dos vehículos implicados para poder sacar con maior facilidade a dúas das persoas feridas.

Helicóptero medicalizado do 061
Helicóptero medicalizado do 061 | Fonte: @HELICOSANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta