Unha avaría nun camión obriga a cortar durante dúas horas o tráfico na N-6

Os vehículos tiveron que ser desviado por estradas secundarias

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 28/03/2023 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O tráfico na N-6 ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro (Lugo) permaneceu cortado durante unhas dúas horas no mediodía deste martes despois de que un camión perdese a carga, o que obrigou a desviar aos vehículos por un trazado alternativo.

O incidente produciuse entre as 13,10 e as 15,30 horas deste martes na travesía de Pedrafita, pola que transcorre todo o tráfico da principal conexión entre as provincias de Lugo e León desde o mes de xuño, cando se produciu o colapso do viaduto de O Castro na A-6.

Segundo trasladou a Garda Civil de Lugo, o corte produciuse no punto quilométrico 433 despois de que un camión articulado sufrise un problema coa súa carga. O incidente obrigou a desviar por estradas secundarias aos vehículos que circulaban pola zona ante a imposibilidade de continuar pola travesía de Pedrafia.

Fontes da Dirección Xeral de Tráfico consultadas por Europa Press confirmaron que o tráfico quedou restablecido na súa totalidade ao redor das 15,30 horas deste martes.

Unha avaría nun camión obriga a cortar durante dúas horas o tráfico na N-6 ao seu paso pola travesía de Pedrafita
Unha avaría nun camión obriga a cortar durante dúas horas o tráfico na N-6 ao seu paso pola travesía de Pedrafita | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta