Alfonso Rueda din non ter unha opinión formada sobre a xestación subrogada

O presidente galego admite que o seu propio partido tivo "puntos de vista diferentes" pero pon como "liña vermella" a mercantilización da maternidade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2023 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, instou a establecer un "debate sosegado" sobre a posible regulación da xestación subrogada en España, sen ter "posturas apriorísticas", e dixo que non se atreve a dar "unha opinión categórica" respecto diso. "Eu particulamente non teño elementos de xuízo para opininar por iso hai que reflexionar con sosego", dixo.

Muller embarazada
Muller embarazada | Fonte: HSNstore

Na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, defendeu a postura da dirección nacional do seu partido de que "a liña vermella clarísima" debe de ser que non haxa "mercantilización" desta figura dos chamados ventres de aluguer para que ninguén o faga "con fins de enriquecerse".

Rueda insistiu en que é trata dun tema "serio" e "complexo" polo que reclamou que non se aborde coma se fose "un faladoiro da prensa rosa", senón "afastado" deste ámbito, tras a polémica aberta polo caso de Ana Obregón, que aos seus 68 anos converteuse en nai dunha nena por xestación subrogada en Miami. Pediu un debate sosegado "porque non se trata dunha cuestión sinxela", advertiu.

O presidente galego admitiu que o seu propio partido tivo "puntos de vista diferentes" sobre a xestación subrogada, á vez que manifestou que se alegra de que sexa o PP o que propoña a apertura dun debate desta cuestión, sobre a que cre que "non é bo dicir non en ningún caso ou si en todos os casos". "Non podo dicir moito máis porque non teño elementos de xuízo e non teño, desde logo eu, persoalmente, un xuízo formado", concluíu a este respecto. 

ANÁLISE ALLEA Á "PRENSA ROSA"

Rueda incidiu en que se trata de "un tema complexo", que provocou cambios de postura e sobre o que nos partidos, incluído o PP, pode haber "puntos de vista diferentes. Por iso, e tras afirmar que el, "sinceramente", non ten "un xuízo formado respecto diso", engadiu que lle gustaría escoitar as "opinións" de distintas persoas que poidan "achegar" ao debate, tendo en conta os "distintos factores".

Iso si, recalcou que debe ser un debate "sosegado" e "canto máis analizado lonxe das persoas que saen en prensa rosa, mellor".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta