Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/03/2023 | Actualizada ás 16:21
As doutoras Clara Ruiz Ponte e Ceres Fernández Rozadilla da Fundación Pública Galega de Medicamento Xenómica (FPGMX) e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) identificaron un novo xene relacionado coas poliposis e o cancro colorrectal.
Nun comunicado, o IDIS destaca que a revista Gastroenterology publica un artigo científico no que destacan o papel do xene BMPR2 na predisposición hereditaria a desenvolver pólipos colónicos e cancro colorrectal.
O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) sinala que o cancro colorrectal é un dos máis frecuentes en España cunha estimación de máis de 28.000 novos diagnósticos en 2022, segundo a Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM).
Así mesmo, apunta que é unha causa importante de mortalidade por cancro, cunhas 18.000 mortes ao ano tan só en España. Por iso, sinala que o diagnóstico precoz e a prevención son obxectivos prioritarios para diminuír a súa mortalidade e que os pólipos representan a primeira lesión precursora na maioría dos casos de cancro colorrectal.
Neste sentido, explica que hai individuos que presentan múltiples pólipos no colon (entidade coñecida como poliposis) tendo un risco aumentado de desenvolver cancro colorrectal ao longo da súa vida. Neste contexto, o grupo da doutora Clara Ruiz-Ponte liderou unha investigación para estudar mediante aproximacións xenómicas e funcionais os casos de poliposis sen causa xenética coñecida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.