Rueda presume de que Galicia superou en marzo "a marca histórica" de atención a dependencia con 70.000 persoas

Afirmou que a cifra de atencións de marzo é "cino veces" superior aos datos de 2009.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo o foco en que Galicia superou en marzo as 70.000 persoas atendidas en materia de dependencia, o que destacou como unha "marca histórica".

O mandatario autonómico realizou este anuncio na súa participación xunto á conselleira de Política Social, Fabiola García, na inauguración do centro de día 'O son do Regueiro', en Mos (Pontevedra).

Alí, segundo recolle un comunicado, o presidente autonómica afirmou que a cifra de atencións de marzo é "cino veces" superior aos datos de 2009. Rueda aproveitou para demandar de novo ao Goberno central que achegue o 50% dos fondos para a atención á dependencia como establece a lei, xa que, segundo a Xunta, na actualidade a achega do Estado só cobre o 30%.

CENTRO DE MOS

O centro inaugurado este sábado está situado en Torroso e contou cunha achega da Xunta de 700.000 euros, o 70% do total. Conta cun total de 25 prazas de atención ampliabales a 40, así como un servizo de enfermaría, ximnasio, sala de actividades, sala de usos múltiples e cociña.

Rueda, durante a reunión do Consello da Xunta.. Xunta de Galicia
Rueda, durante a reunión do Consello da Xunta.. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta