Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/04/2023 | Actualizada ás 12:20
Os habitantes de Campo Lameiro e arredores xuntáronse baixo o concello para falar sobre os ata 8 proxectos eólicos que se queren levar a cabo na zona. Foron as propias veciñas e a asociación Alarma Terra de Montes, as encargadas de organizar este encontro para denunciar a falta de información por parte das administracións.
A conversa tratou os problemas que traen estas insfraestructuras ao modo de vida do rural, como é risco da captación de auga "Non nos garanten a integridade das traídas. Ademais, están demostradas as alteracións dos muíños de vento na saúde", enfatiza Ana, veciña de Redonde.
Os veciños denuncian tamén que estes plans eólicos excederon os límites no territorio e non son compatibles ca salvagarda do patrimonio cultural de Campo Lameiro, considerada a capital galega da arte rupestre e do que depende a maior parte da súa economía. "Tras a pandemia medrou a demanda da vivenda no campo galego, onde a variable paisaxística conta moito, e a instalación de polígonos eólicos, coa súa contaminación acústica e lumínica, pode desvalorizar as propiedades da zona nun 30%", remata Oti, experta en mercado inmobiliario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.