A Xunta notifica tres novos falecidos por covid

Hai menos de 800 casos activos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2023 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Saúde Pública informou de tres novos falecidos atribuídos á pandemia de coronavirus, o que eleva a 4.111 os decesos atribuídos ao covid desde que se rexistra esta afección.

Concretamente, os últimos falecidos rexistrados correspóndense co 30 de marzo: un home, de 84 anos da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; un home 88 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza; e un home de 73 anos, na área sanitaria de Vigo.

Ademais, Galicia conta con 751 casos activos, dos cales 159 pertencen á área da Coruña; 77, á de Lugo; 98, á de Ourense; 86, á de Pontevedra; 131, á de Vigo; 136, á de Santiago; e 64 á área de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, cinco están en UCI, 127 en unidades de hospitalización e 619, en domicilio. Desde o inicio da pandemia, contabilizáronse 692.487 curacións.

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con COVID-19 nunha imaxe de arquivo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con COVID-19 nunha imaxe de arquivo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta