Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2023 | Actualizada ás 17:39
O condutor do camión cisterna que á primeira hora da tarde deste venres chocou contra unha vivenda no municipio coruñés de Mesía, xa foi excarcerado.
Segundo informou o 112 nas súas redes sociais, os bombeiros de Ordes xa rescataron ao condutor, que permanecía consicente. O outro ferido é o seu compañeiro.
Os feitos tiveron lugar na N-634 e, aínda que non se rexistraron danos persoais na casa, si abundantes danos materiais, tamén no tendido eléctrico.
Os efectivos de de emerxencias apontoan agora a vivenda e o serivicio sinala que o cableado do tendido eléctrico "está en situación de perigo".
Ao lugar mobilizáronse tamén o GES de Curtis, a Garda Civil de tráfico e un helicóptero medicalizado do 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.