Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2023 | Actualizada ás 16:58
Os grupos de investigación da USC sobre Patoloxía en Acuicultura e sobre Tecnoloxía farmacéutica e sistemas de liberación, inmunobioloxía parasitaria e parasitosis hídricas están a colaborar coa empresa Stolt Sexa Farm no marco do proxecto 'Investigación biotecnológica na formulación de vacinas para peixes planos'. As investigacións estás financiadas polo Centro para o desenvolvemento tecnolóxico e de innovación (CDTI) do Ministerio de Ciencia e Innovación e co Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP).
Así, o equipo composto por Alicia Estévez-Toranzo, Beatriz Magariños e Manuel Lemos, do grupo de Patoloxía en acuicultura, centrouse no deseño dunha formulación vacunal e nun programa de vacinación en linguado fronte á forunculosis causada por cepas atípicas de Aeromonas salmonicida, co fin de lograr unha protección eficaz fronte a esta enfermidade.
"Este tipo de investigacións contribúen de maneira decisiva ao éxito da piscicultura tanto a nivel autonómico como estatal e internacional, xa que a prevención baseada no uso de vacinas é un factor crucial para a saúde dos peixes e para o crecemento sustentable da industria acuícola", explica a profesora Estévez-Toranzo.
Pola súa banda, os investigadores José Manuel Leiro, Jesús Lamas e Rosa Ana Sueiro, pertencentes ao grupo de Tecnoloxía farmacéutica e sistemas de liberación, inmunobioloxía parasitaria e parasitosis hídricas, desenvolveron ao longo de tres anos novas vacúas fronte ao ciliado parasito Philasterides dicentrarchi, causante da escuticociliatosis en peixes, e responsable de importantes mortalidades no rodaballo de cultivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.