Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/04/2023 | Actualizada ás 09:35
A Garda Civil interceptou en Ourense pouco despois das 7,00 horas deste xoves a unha muller maior que circulaba en sentido contrario co seu vehículo pola A-52.
Segundo informou a Garda Civil, foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencias ao redor das 7,02 de que había un vehículo en dirección contraria pola autovía. En concreto, a anciá, que conducía un Seat Toledo granate, ía dirección Vigo polos carrís en sentido Benavente. Foi localizada e interceptada ás 7,13 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.