Unha 'bateeira' detida durante a concentración deste colectivo en Santiago

A detención motivou o desprazamento dos manifestantes ata a comisaría da capital galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2023 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

Unha das persoas que participaba este xoves nas protestas do sector 'bateeiro' ás portas do complexo administrativo de San Caetano, en Santiago, foi detida pola Policía Nacional, o que motivou o desprazamento dos manifestantes ata a comisaría da capital galega.

Un nutrido grupo de axentes cortou a avenida Rodrigo de Padrón, onde se sitúa a comisaría compostelá. Alí, varias decenas de bateeiros situáronse fronte ao dispositivo policial e corean berros de 'liberdade Lorena' e 'conselleira dimisión'.

Protesta do sector bateeiro fronte á comisaría da Policía Nacional en Santiago
Protesta do sector bateeiro fronte á comisaría da Policía Nacional en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta