Por E.P. | OURENSE | 15/04/2023 | Actualizada ás 16:22
Un home, duns 60 anos, faleceu este sábado cando cortaba leña para uso privado no lugar de Forcadas, no municipio de Chandrexa de Queixa (Ourense). Segundo informou a Central de Atención ás Emerxencias 112, as forzas de seguridade traballan para aclarar os sucedido.
Foron mobilizados efectivos sanitarios, que enviaron ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, o GES de Castro Caldelas e a Garda Civil, así como voluntarios de Protección Civil de Chandrexa.
Os feitos ocorreron sobre as 11,15 horas cando ao home, que estaba a cortar leña, caeu unha rama encima. O 061 foi o que alertou á Central de Coordinación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.