Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2023 | Actualizada ás 12:31
Fiscalía pide 4 anos e 6 meses de prisión, ademais dunha orde de afastamento e unha indemnización superior aos 20.000 euros, para un home acusado dun delito de lesións por causar queimaduras a un usuario do albergue de Vigo tras prender lume ao alcol co que se estaba curando unha ferida.
A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, sinalou a vista para o vindeiro xoves, día 20, despois de que tivese que ser anulada o pasado mes de novembro por incompatibilidades do avogado defensor.
Segundo recolle o escrito de acusación, os feitos tiveron lugar o 1 de marzo de 2021, no patio exterior do albergue municipal da cidade olívica, cando o acusado, supostamente, prendeu lume cun chisqueiro ao alcol co que a vítima se curaba unha ferida que tiña na súa perna.
Como consecuencia, a vítima sufriu queimaduras de segundo grao na cara, a perna dereita, o antepé e o pé dereito. Fiscalía indica que o demandante tamén sufriu queimaduras no dorso de varios dedos da súa man dereita.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.