Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2023 | Actualizada ás 16:41
A editorial Kalandraka lanza o seu novo selo 'Catro lúas' coincidindo co seu 25 aniversario, co obxectivo de recuperar "clásicos imprescindibles" da literatura contemporánea e a publicación de novas autoras "con criterios de excelencia e valor simbólico". Baixo o lema 'Lecturas que aluman', o novo selo inicia o seu camiño coa publicación de catro obras, unha por cada colección coa que contará no seu catálogo: Poesía, Narrativa, Non Ficción e Nómades.
Kalandraka explicou que o selo publicará obras "de calidade literaria e estética para público adulto". Entre os principios básicos que rexerán estas coleccións están "sorprender e axudar a entender a complexidade do mundo actual", mostrando unha "sensibilidade especial" cara á memoria do histórica e unha mirada crítica cara ao presente.
PRIMEIRAS OBRAS DA COLECCIÓN
'Catro lúas' empezará coa publicación de catro obras, unha por cada un dos seus selos: Cancións (1921-1924)' de Federico García Lorca, con prólogo de Luís García Montero; Cardumen, da galega Rexina Veiga; Pisaremos as rúas novamente, de Vivian Lavín; e Non queda ninguén, do escritor galego Brais Lamela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.