Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 21/04/2023 | Actualizada ás 21:50
As librarías galegas, ao abeiro do Día do Libro que se celebra cada 23 de abril, ofrecerán este domingo un desconto do 10% en todas as súas obras, tal e como recolle a Lei do Libro. Segundo afirma a Federación de Librarías de Galicia, moitos establecementos abrirán este domingo de maneira excepcional para ofrecer o desconto especial.
Ademáis, moitas das librarías asociadas á Federación de Librarías de Galicia programan para os días anteriores e seguintes ao Día do Libro eventos especiais, dende lecturas ata presentacións, que poden consultarse na Axenda de Librarías de Galicia.
A federación asegura que os datos dos últimos estudios deixan claro que a meirande parte da poboación galega prefire as librarías como fonte para adquirir os seus libros. Preto do 70% dos lectores galegos asegura que mercar os libros na libraría é preferible a facelo en calquera outro espazo, dende grandes superficies a portáis online.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.