Artigos publicados en La Voz e Faro, finalistas do XX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Entre os autores están Mar Mato, Begoña R. Soteliño e Manuel Varela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2023 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

Mar Mato, Begoña R. Soteliño e Manuel Varela son os autores dos artigos finalistas do XX Premio Afundanción de Xornalismo Francisco Fernández del Riego, segundo comunicou este martes o xurado nunha comparecencia celebrada na sede de Afundación en Pontevedra.

Así o decidiu un xurado composto por Víctor Freixanes, Carlos Valle, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez, Xosé Carlos Caneiro, María Varela e Francisco Castro. Concretamente, Mar Mato é a autora do artigo titulado 'Réquiem por un sombreiro', publicado en Faro de Vigo, mentres que Begoña R. Soteliño asina 'Lentes de pasta, cores de Warhol... Letras Galegas', en páxinas de La Voz de Galicia, o mesmo xornal no que Manuel Varela publicou 'Cando atopei a paz nun Dacia'.

Na rolda de prensa, o director xerente de Afundación, Pedro Otero, incidiu na "ardua tarefa de selección por parte do xurado", tanto pola "calidade" dos textos presentados, como por "o papel esencial que o xornalismo desempeña". Un total de 32 artigos optaban a esta XX edición do Premio Fernández del Riego, tanto textos incluídos no xénero do xornalismo literario como no de artigo de opinión, coa única condición de que só se presentase un texto por autor.

Francisco Fernández del Riego
Francisco Fernández del Riego | Fonte: EDITORIAL GALAXIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta