Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2023 | Actualizada ás 14:13
Funcionarios da Administración de Xustiza mobilizáronse en distintas cidades galegas en demanda de melloras organizativas e retributivas, no marco dunhas protestas previas ao comezo dos paros convocados a partir do 4 de maio.
No caso da Coruña, foron ao redor de medio centenar de persoas ás portas dos Novos Xulgados e cunha pancarta coa lema 'LOEO paralización. Funcións claras. Retribucións Xustas' e esixindo a dimisión da ministra de Xustiza, Pilar Llop.
A paralización da Lei Orgánica de Eficiencia Organizativa, a negociación previa cos sindicatos ou a demanda de funcións definidas para os funcionarios e acompañadas de melloras salariais ante a maior "carga" de traballo, segundo denunciaron, foron algunhas das principais demandas. A elas, sumouse a regulación da carreira profesional.
Así o expuxo tamén Sergio Riveros, responsable da Administración de Xustiza de UXT-Galicia, quen aseverou que nas dúas últimas reunións co Ministerio non houbo "ningún avance". "Hai un prexuízo importante para a cidadanía", dixo tamén ao incidir no problema de recursos, tanto materiais como humanos, ao que sumou a situación das retribucións que, segundo apostilou, non se adaptaron ás novas esixencias aos funcionarios.
Sobre unha situación que afecta a uns 2.700 empregados neste sector en Galicia, indicou que estes cada vez teñen "máis carga de traballo e cunha precariedade de medios evidente". Tamén ha cuestinado a LOEO porque, apuntou, suporá que non se cren xulgados demandados en Galicia. "Hai que mellorar o modelo organizativo pero non como se pretende implantar", engadiu, ademais de lembrar que en todo o Estado haberá paros totais os días 11, 12, 13, 16, e 18, ademais do 17 de maio, festivo en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.