O BNG pide máis defensa do sector pesqueiro galego despois do novo informe sobre vedas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2023 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso para reclamar ao Ministerio de Pesca que defenda os intereses da frota pesqueira despois de coñecer o novo informe Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM) que recomenda o peche de novas áreas de pesca da zona norte da Península Ibérica e o Golfo de Bizkaia.

Diso informou o Bloque nun comunicado, no que explica que o deputado no Congreso, Néstor Rego, pide a elaboración dun informe científico técnico, con datos completos e actualizados, así como o impacto socioeconómico que suporá para Galicia unha nova restrición das áreas para a pesca de fondo.

A fronte nacionalista, que urxe manter unha posición firme en defensa dos intereses da frota pesqueira galega, sinala que de confirmarse a recomendación de peche de novas áreas por parte do CIEM, a frota pesqueira de fondo verá ameazado o seu futuro pola revisión das 87 zonas vedadas, afectando tamén ao chamado Banco de Galicia, un dos caladoiros máis produtivos.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta