O grupo de cantareiras belga Ialma actuará en Galicia dentro das celebracións polo Día das Letras Galegas

Ialma é un grupo de música folk formado por catro mulleres, Verónica Codesal, Natalia Codesal, Eva Fernández e Marisol Palomo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/05/2023 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O grupo de cantareiras belga Ialma chega a Galicia con motivo das Letras Galegas para homenaxear a Rosalía de Castro nunha xira moi especial e chea de sorpresas cuxas integrantes irán desvelando aos poucos e que as levará por varias cidades da comunidade.

Ialma
Ialma | Fonte: Ialma

A xira comezará o día 13 de maio ás 22:30 en Salvaterra dentro da celebración da “Festa da Sementeira" para continuar no auditorio da mocidade de Cambados  o día 14 ás 21:00, na praza da Mercé de Verín o día 16 as 20:30 e finalizará o 17 no teatro Jofre de Ferrol ás 20:30º.

Ialma é un grupo de música folk formado por catro mulleres concienciadas coa esencia máis tradicional, a contemporaneidade e a fusión das culturas. Verónica Codesal, Natalia Codesal, Eva Fernández e Marisol Palomo acaban de realizar unha exitosa xira por Francia onde presentaron con gran aceptación o traballo “Tempo de recolleitas”. A súa música, caracterizada pola fusión de diferentes estilos chegará a Galicia con “Ialma canta a Rosalía", un espectáculo que combina a interpretación vocal coa música de percusión e guitarra. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta