Xa está aquí o polémico vídeo de Enrique Iglesias

"Noche y de día" amosa varias secuencias de paisaxes e monumentos galegos, pero sobre todo mozas e mozos bailando.

Por Galicia Confidencial | Miami | 27/02/2015 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

A canle oficial do youtube de Enrique Iglesias acaba de publicar o vídeo de "Noche y de Día". A estrea prodúcese despois dunha longa polémica polo pagamento por parte da Xunta de 300.000 euros a súa discográfica polo videoclip mediante un contrato negociado sen publicidade.

Enrique Iglesias no mosteiro de Carboeiro no seu vídeo Noche y de Día
Enrique Iglesias no mosteiro de Carboeiro no seu vídeo Noche y de Día

Curiosamente, as redes sociais dos fans do cantante botan lume cunha mensaxe difundida por un deles, na que se sinala que "Sobre su filmación de #NOCHEYDEDIA  @enrique305 aclaró q el no cobró ni un centavo del Gobierno de Feijóo @Gconfidencial". Enrique Iglesias sacou ademais un comunicado no que suliña que “non gañou nin un centavo” por un vídeo que fixo porque lle pareceu ben promocionar Galicia. Por iso, dixo que aceptou "con moito gusto" a proposta do goberno de Alberto Núñez Feijóo, que nesta gravación viu unha fantástica promoción turística da Comunidade.

O investimento da Xunta mesmo chegou á prensa británica. “Estala unha treboada logo de coñecerse que Turismo de Galicia pagou 220.000 libras por un vídeo no só incluíu 45 segundo da paisaxe – e unha chea de mozas--”, titulaba este mércores un dos rotativos máis populares do Reino Unido, o Daily Mail.

A Xunta defendeu o gasto argumentando que o artista ten unha audiencia global. Velaquí o resultado:

Modelos na Cidade da Cultura no inicio de Noche y de Día, video de Enrique Iglesias
Modelos na Cidade da Cultura no inicio de Noche y de Día, video de Enrique Iglesias
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Ana

Este despilfarro é indignante. Os cartos publicos deben ir a axudar a familias sen recursos, a sanidade, educacion, a creacion de emprego na terra, a pagar a debeda publica ou a crear unha banca publica galega. Vai sendo hora que os galegos castiguen os despilfarros nas urnas, pq senon imos a unha Galiza sen futuro.

5 Eanes

É difícil atopar palabras para isto. Os pagadores de semellante trapallada tolearon ao ver tanta moza suorenta. Nun país de xente normal, estarían agora dando explicacións perante un xuíz, despois de levar uns bos xesteirazos por pailabravas e horteras.

4 doutor ju

Non tedes nin idea malditos pailáns. Feijoo é un visionario, un futurista, un xenio. Galicia é neste video a nova Ibiza. Festas da espuma, 'polvo' a raudales que levanta cos pés Enrique, atoparonlle uso coma heliporto á cidade da cultura, rapazolas sesis... buah! lo vamos a petar, nenos! Galibiza xa está aquí! Grazas Feijoo!

3 DELITO ECONOMICO

Estan tirando os cartos o cubo do lixo, tamén pagan en exceso a parlamentarios galegos incluso retirados e vellos como o chamdo Birrias da Galiza, pero non e nada 300 mil euros cos 300 millons que gastaron en santiAGE de componendas na casa da incultura ... a casa de tolos esa que e un adefesio e mais fea que san pedro de alcantara facendo ximnasea as tres da maña... FRIJOLES PARA ISTO NOS APRETAMOS O CINTO PARA QUE ANTES A TIRAR COS CARTOS!!!!

2 eusi

Así é a vida dos galegos, bailando e pagando sumas millonarias aos amigotes de Mas Canosa.