Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/05/2023 | Actualizada ás 10:00
O cambio de mentalidade na sociedade, a constante subida dos prezos, a inestabilidade laboral e os problemas de fertilidade están a traducirse nunha baixada da natalidade que sitúa a España como o segundo país coa taxa de fertilidade máis baixa. Na Comunidade tradúcese en só 27,48 nacementos por cada 1000 mulleres rexistrados no ano 2021 segundo o INE.
A media de idade para ter fillos ascende aos 33 anos e canto máis avance esta, máis dificultades se presentan. "Sobrepasados os 30 anos, a posibilidade de non lograr a concepción agudizase nas mulleres, un 14 % non consegue a fecundación; pero cando se sobrepasan os 40 o volume de mulleres que non pode concebir disparase ata o 72%" explica o doctor Santiago Palacios, xinecólogo de referencia.
Ademais, a directora técnica da empresa farmaceutica eCareYou, Dolors López estima que "o 9,6% das parellas teñen problemas para ter fillos pero hai que probar todas as posibilidades ao alcance para poder lograr a fecundación". Por outra parte recorda que os factores ambientais, o estrés, o sobrepeso, o alcohol e en xeral o estilo de vida "inflúen negativamente" na concepción.
Pero cada vez existen máis alternativas á fecundación natural como a fecundacón in vitro, os coitos programados ou a inseminación intrauterina. Ademáis esta empresa farmaceútica creou unha nova técnica denominada Enna, na cal, mediante un xel, facilitase a circulación dos espermatozoides e á súa supervivencia. Xunto con esto tamén crearon un novo dispositivo médico que evita que o semen saia do cérvix aumentando as posibilidades da fecundación do óvulo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.