As Pontes, a miña escolla

"A estatística é unha ciencia que demostra que, se o meu veciño ten dous coches e eu ningún, os dous temos un". Bernard Shaw

Por Fermín Paz | As Pontes | 12/05/2023

Comparte esta noticia
 
O día 28 de Maio vanse decidir cousas de moita importancia nos Concellos galegos e non só a conformación da gobernanza en cada un deles, senón que, tamén imos ter a posibilidade de medir algunhas cuestións mais dás que falarei neste artigo.
 
Centrarei a miña atención no Concello que cito no título do presente artigo, por tres razóns fundamentais. Este pobo é unha parte importante do meu ser e sentir ; neste anaco da Nosa Terra hai posibilidades para decidir algunha cuestión estratéxica na política galega e en base o anterior, aceptei formar parte dá candidatura (do BNG) que ademais dá do PSOE e PP conforman a oferta a veciñanza para elixir a súa representación. Non chego a comprender a miopía política (sabendo como sei eu e saben moit@s mais) que os resultados nesta Vila poden condicionar o facer, tanto interna como externamente, dalgunhas destas organizacións. A única explicación posible é, a fixación dás prioridades estratéxicas fixouse en manter a posición de hoxe conformando cunha pequena mellora cuantitativa antes que, agudizar as debilidades do contrario. Pouca importancia concederon aos aspectos cualitativos. Todo isto proxecta unha xestión dos resultados dun xeito semellante o ciclo anterior. Algo cambiará mais todo seguirá polo mesmo vieiro. Magoa!!!
 
Centrareime agora na miña escolla é deixarei os outros asuntos para os que entenden disto e para quen teña que tomar decisións, logo dos resultados. Eu conformo con dicir o que penso e botarei unha man para axudar a ter un resultado merecedor da confianza que a veciñanza vai conceder a nosa candidatura. Teño unha certa seguranza tanto polos merecementos nosos como da "queima" dos demais. 
 
A cita que puxen na cita da cabeceira tampouco é unha causalidade. Estou tentando de aprofundar no que aconteceu en Irlanda ao longo da súa historia para achegarme un pouco a súa realidade de hoxe . Aproveiteime dalgún dos dicires deste autor teatral, que tamén foi un crítico e polemista cuxa influencia , na cultura e na política, chega ata hoxe.
 
Este proceso electoral é moi interesante para o análise. Quen leva no poleiro unha morea de tempo non quere dar conta nin falar do que fixo senón que súa pretensión non é outra que, o esquecemento da súa xestión e neste tempo de botar as contas e facer valoracións , o voto da veciñanza sexa irreflexivo e baseado nas promesas dun futuro inzado de proxectos industriais. E pillo o rapaz .Disque sigades a confiar nel porque aínda que agora As Pontes perda emprego, poboación, valor na propiedade e na seguridade cidadá, non teña unha Residencia para as persoas maiores, o Rio Eume sen ningún coidado, etc…, dentro de pouco a Vila será unha cidade envexa de toda Galiza, onde todos e todas seremos felices e comeremos perdices. Magoa de que a realidade non faga críbel o seu discurso. ¡¡¡ O de prometer e non dar, só os imbéciles e escuros fai contentar!!!
 
As trampas ao solitario, ademais do engano a un mesmo, supón unha fuxida dás responsabilidades é tamén , unha negativa inxustificada da realidade. O Alcalde actual (tamén Presidente da Deputación da Coruña e Secretario Xeral do PSOE na Galiza), e o seu grupo acreditan nesta maneira de facer. A xestión é cativa  e por iso fai o que fai. Non dubida en publicitar o mesmo conto día tras día con carto público e se non vós gusta o caldo pois outra cunca. Dispón do diñeiro de todos cunha facilidade que mete medo, iso si, a esixencia é sinxela tes que formar parte do “pesebre” que ten montado no Concello con 8 retribucións ( entre adicacións exclusivas e parciais ), e unha morea de subvencións. É o seu unha especie de subvención socializada para manter o “tenderete” que ten montado tanto aquí como na Deputación e supoño que tamén así será no PSOE en Galiza. Cando remate o conto e o pesebre teña que desmontar porque xa pasou o seu tempo, chegarán as bagoas e o sálvese quen poda !!! Daquela, a ciencia matemática da estadística equilibrará co saber do pobo e a maioría da veciñanza acreditará que no futuro uns, os menos, seguirán a ter dous coches e outros, os mais, ningún. O tempo tormentoso é así.
 
Todo o que sobe ten que baixar. Os lóstregos, son un fenómeno da natureza con moita luz de súpeto é moi pouco proveito. Sempre chegan en compaña de moito ruxe ruxe, mais non hai que terlles medo, abonda con poñernos ao cuberto e deixar que escampe. Despois da súa presenza só queda algo de cheiro ata que, abren as comportas dás nubes tormentosas e ,de novo, chega a limpeza do ar e dá terra e a vida segue cos seus adiantes e ceacus.
 
Cada territorio ten unha base onde asentar, unhas posibilidades e mesmo o dereito a escolla do seu camiño e o chegar as encrucilladas, os seus moradores temos que decidir en liberdade por onde continuar. A historia é un conxunto de feitos e aínda que se podan facer análises desde diferentes perspectivas do pasado e do presente, ninguén pode esquecer que o futuro aínda esta sen facer e a seu deseño e construción é, de novo, un traballo colectivo.
 
Neste pobo con tantas complexidades hai algúns con moito empeño en reinscribir a historia a seu xeito, como lles convén ao seu intereses. Non teñen dubida, precisan de amañala e por iso poñen negro sobre branco na súa "folla parroquial" , esa outra historia na que, non dubidan en contarvos como foi o pasado e de cando en vez aproveitan a coiuntura para deixar nidiamente clarificado cales son ás súas “ liortas” pendentes.
 
Conformo que nestes días @s Pontes@s  matinedes un pouquiño nestas cousas dás que estou a falar, sabendo diferenciar quen vos quere situar nun futuro inexistente para que esquezades do presente verdadeiro. A realidade é a que é, e por moito que se queira deturpar, dous non e igual a un.
 
A política, precisa tamén dunha enerxía dispoñible en tempo e cantidade. Fai unhos dias fixen unha escrita a cabeza da nosa candidatura, na que falaba dalgunhas destas ideas. Dicíalle que, a veciñanza agarda con moitas expectativas a posibilidade doutra gobernanza no noso Concello e a vós e de vós, a xente nova que maioritariamente formades parte desta candidatura tedes que  seguer a termar do ideario nacionalista na Vila, e como dixen o dia da presentación da candidatura, tedes o dereito a errar como os demais, tendo moi clarificado a contradición que supón defender o principio do soberanismo e o mesmo tempo estar ou apoiar calquera outra alternativa estatal. Non esquezades xamais a importancia da autoorganización como a mellor garantía para termar do traballo institucional e social. Abonda coa lealdade ao nacionalismo galego é a honradez.
 
As Pontes é toda a súa veciñanza farán a verdadeira escrita da súa historia. Chegou o tempo de achegarlles a nosa ilusión, ideas programáticas e ideario. Confiade nela e confiarán en vós. Afastade o mais posíbel do individualismo e das predicas ou promesas dos aspirantes a salvadores, pois queirámolo ou non, temos que salvarnos nós mesmos, tod@s nós, o pobo traballador.

Endesa reactiva a súa central térmica das Pontes, a 2 de novembro de 2022, nas Pontes
Endesa reactiva a súa central térmica das Pontes, a 2 de novembro de 2022, nas Pontes | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.