Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2023 | Actualizada ás 17:57
O Gran Fondo Ézaro congregará o próximo 9 de xullo por centos de ciclistas profesionais e afeccionados na Costa da Morte para participar nesta proba que arrincará en Dumbría finalizará no alto do miradoiro do Ézaro, recoñecido pola súa esixencia cun 30% de pendente.
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu este venres á presentación dunha nova edición desta proba que, segundo indicou, servirá de escaparate para a promoción turística da zona.
No evento, do que informou a Xunta nun comunicado, participou xunto ao exciclista Ezequiel Mosquera e responsable de EMESports, entidade organizadora desta proba desde 2015 e doutras como 'O Gran Camiño'.
Nesta edición, a proba pasará polos concellos de Muros, Outes, Mazaricos e Cee. Entre as novidades deste ano inclúese unha distancia única para todos os participantes de 107 quilómetros con ascensos e descensos fronte a dúas rutas de 150 e 80 quilómetros de edicións anteriores.
O vicepresidente segundo destacou a aposta da Xunta por consolidar Galicia como potencia na organización de grandes eventos deportivos que, ao mesmo tempo, son un reclamo para o turismo. Ademais de por o retorno económico na comarca grazas ao aumento da ocupación hoteleira como neste caso, tamén mediante a promoción dos concellos que son escenario da proba coas súas "espectaculares paisaxes".
O dorsal número un do Gran Fondo Ézaro de 2023 será o exciclista Alejandro Valverde que, como lembrou Diego Calvo, sabe da dificultade e da esixencia que implica a subida ao Ézaro tanto pola súa participación na Volta como por ser o vencedor o ano pasado de O Gran Camiño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.