A lei que crea a empresa mixta para renovables prevé conceder préstamos ou créditos aos proxectos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2023 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

A lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia prevé a posibilidade de conceder préstamos e créditos e a utilización doutros instrumentos.

En concreto, segundo recolle o anteproxecto, exposto a información pública desde este venres e durante 15 días, a Xunta dispón que "se poderán promover instrumentos para facilitar o financiamento alleo dos proxectos, empresas ou sociedades vehiculares obxecto desta lei".

De maneira específica, contempla o financiamento de préstamos, créditos ou outros instrumentos de financiamento reintegrables. Así, poderanse establecer liñas de préstamos, créditos ou outros instrumentos de financiamento reintegrables.

Así mesmo, poderanse articular fórmulas de bonificación dos custos financeiros das operacións. Ademais, no apartado de garantías, establece que se poderán constituír avais que garantan operacións de financiación concedidas por entidades ou organismos públicos ou privados.

Parque eólico
Parque eólico | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta