Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2023 | Actualizada ás 12:05
Un vehículo saíu da vía este domingo en Celanova e quedou envorcado sobre a barreira de seguridade da estrada. Segundo informou o 112, os implicados no accidente contactaron co servizo para pedir asistencia sobre todo para a acompañante, que estaba atrapada.
Así, solicitouse a colaboración dos Bombeiros de Celanova, que procederon ao rescate dun dos ocupantes. Segundo os datos que eles mesmos facilitaron ao servizo de emerxencias, o sinistro, unha saída de vía con envorco do vehículo, produciuse ás 2,30 horas desta madrugada na AG-31, punto quilométrico 15, en Orga, Celanova.
Ademais dos bombeiros, neste operativo interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e, por suposto, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foi informado o persoal de limpeza e mantemento da vía, neste caso a Axencia Galega de Infraestruturas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.