Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2024 | Actualizada ás 19:03
Un condutor tivo que ser liberdo polos efectivos do servizo de bombeiros ao resultar atrapado no interior do coche tras envorcar logo de chocar contra outro turismo cando circulaba polo municipio coruñés de Rois. O sinistro produciuse ás 16.15 horas na estrada CG-1.5 ao seu paso pola parroquia de Urdilde en sentido Noia, segundo informou o CIAE 112 Galicia.
O impacto entre os dous turismos fixo que un deles terminase envorcado. No seu interior quedou atrapado o seu condutor, que tivo que ser excarcerado polos profesionais dos servizos de emerxencias. Unha vez fóra do vehículo, foi atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061. De inmediato, solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Xallas e dos membros do GES de Brión. A maiores, desde o 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local así como dos membros de Protección Civil.
COLISIÓN EN CULLEREDO
Por outra banda, outra persoa tivo que ser excarelada este xoves en Culleredo, tras quedar atrapada no seu turismo tras unha colisión cun camión na AC-523, ao seu paso por Ledoño. Foi o camioneiro o que contactou co 112 Galicia ás 17.10 tras a colisión, na súa chamada xa indicaba que unha persoa estaba ferida e atrapada.
De maneira inmediata informouse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Arteixo, os cales tiveron que forzar a porta do turismo para poder acceder á ferida. Cómpre destacar, que desde o 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.