Rueda defende a súa xestión continuista de Feijóo: "Non tiña sentido cambiar o que estaba ben"

Os populares destacan a boa valoración que o presidente galego ten nas enquisas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2023 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, celebrou este domingo o seu primeiro ano como presidente da Xunta de Galicia defendendo a "xestión continuista", con "as políticas do presidente anterior". "Faltaría máis!", proclamou, antes de remarcar que "eran boas políticas" que "viñan de catro maiorías absolutas". "Non tiña ningún sentido cambiar o que estaba ben", reivindicou.

Nun mitin comarcal no municipio coruñés de Culleredo, Rueda tamén aproveitou para valorar o traballo de todos os conselleiros e da súa única incorporación, o vicepresidente segundo e presidente do PP provincial, Diego Calvo. "Acertei completamente e o Goberno mellorou", festexou.

En clave local, o líder dos populares galegos destacou aos tres candidatas da súa formación na área metropolitana da Coruña --Izaskun García, en Culleredo; Diana Piñeiro, en Cambre; e Loli Silva, en Oleiros--, sobre as que asegurou que son "as tres mellores persoas posibles" e mostroulles o seu apoio: "Torres máis altas caeron, tan só fai falta ter ilusión, ganas e facer propostas para que a xente perciba que o cambio é posible".

A elas, e a todos os 313 candidatos do PPdeG, Alfonso Rueda pediulles que durante esta campaña traballen con humildade para que onde gobernan "a xente teña novas razóns para seguir confiando" e, no resto, explicando por que son "merecedores desa confianza".

ROMARÍA POPULAR EN POIO

Así mesmo, este mediodía Rueda participou na tradicional romaría popular organizada polo PP de Poio no monte Castrove, con máis de mil asistentes, segundo os populares. 

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participa nun mítin dos populares galegos en Culleredo
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participa nun mítin dos populares galegos en Culleredo | Fonte: PPDEG - Europa Press

VALORACIÓN

Tamén o PP galego celebrou os aniversarios de Alfonso Rueda como presidente da Xunta --tomou posesión hai xusto un ano-- cunhas enquisas que valoran o traballo que fai, segunmdo destacou a secretaria xeral do partido, Paula Prado, durante un paseo en Santiago co expresidente estatal Mariano Rajoy e o candidato á Alcaldía, Borja Verea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta