Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2023 | Actualizada ás 16:27
A Xunta asegura que avanza no desenvolvemento da futura lei de recursos naturais, a que crea unha empresa mixta para a xestión de proxectos de enerxías renovables e tamén prevé un canon para a eólica mariña, "co obxectivo de que naza froito do consenso e a participación".
Destácao a través dun comunicado de prensa remitido despois de que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistise á reunión do comité executivo de enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade. Ante este foro, o director xeral informou do anteproxecto de lei, que aprobou a semana pasada o Consello e que se atopa a información pública.
Esta fase busca "recibir achegas que permitan mellorar a futura norma", de aí o obxectivo de contar cunha lei "froito do consenso e a participación". A norma tamén establece un fondo para a recuperación de territorios afectados por incendios forestais que contará con achegas de empresas, o impulso dun sistema voluntario de créditos de carbono e refírese a a xestión de biorresiduos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.