Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2023 | Actualizada ás 19:56
O actor Javier Gutiérrez, Nathalie Poza e Luís Zahera deixan as súas pegadas este venres no denominado Torreiro das Estrelas do festival de Cans, no Porriño. Esta xornada estivo marcada por diversos coloquios polos que pasaron a directora franco-armenia Valérie Massadian, os actores Diego Anido e Tamar Novas e parte do equipo da película 'Honeymoon'.
"Considero que a miña forma de facer cinema é un acto de resistencia e un intento por compartir co espectador esa sensibilidade do ser humano que creo que está a desaparecer", traslada a organización que destaca a realizadora.
A noite deste venres contará coa presenza do actor Luís Zahera, galardoado nesta edición co Premio Pedigree de Honra na Noite dás Homenaxes, na que tamén recibirán as súas distincións a actriz Melania Cruz, o crítico de cinema Angel Suanzes e a veciña de Cans Mari da Carreira. Despois da entrega terá lugar uno dos principais concertos deste ano en Cans, protagonizado polos Punsetes, que actúan no Espazo Estrela Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.