Extinguido o incendio de Crecente e que calcinou 104 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido ás 19,24 horas o incendio forestal declarado a última hora da tarde deste xoves no municipio pontevedrés de Crecente, que se orixinou a partir de tres focos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2023 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Axentes das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF)
Axentes das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) | Fonte: Europa Press

Das hectáreas calcinadas, 89 foron de monte raso e o resto arboredos. En total, para o seu control e extinción mobilizáronse catro técnicos, unha unidade técnica de apoio, 21 axentes, 61 brigadas, 40 motobombas, dúas pas, cinco helicópteros e dous avións.

A Xunta lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta