Particulares avisan dun incendio na mediana da AP-9 na altura de Santiago

Os Bombeiros desprazáronse o punto e encárganse das tarefas de extinción.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2023 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Diversos particulares alertaron este domingo ao 112 dun lume na mediana da AP-9 ao seu paso por Santiago. Os primeiros avisos chegaron minutos despois das 18 horas.

Múltiples particulares que circulaban pola AP-9 informaron ao 112 Galicia de que estaba a arder vexetación na mediana á altura do quilómetro 57 e en sentido A Coruña.

Aínda que segundo indicaban os diferentes alertadores o lume parecía de reducidas dimensións, o fume que desprendía reducía a visibilidade para os condutores.

Os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración neste operativo dos Bombeiros de Santiago e da Garda Civil de Tráfico. Foron informados o persoal do distrito forestal da zona e os servizos de mantemento da autoestrada.

Os Bombeiros desprazáronse o punto e encárganse das tarefas de extinción.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta