Comesaña presume do nivel de investigación médica que existe en Galicia

O conselleiro de Sanidade pon en valor o papel "fundamental" dos ensaios clínicos na investigación médica.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 22/05/2023 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou este luns o papel "fundamental" que xogan os ensaios clínicos na investigación médica, así como o rol activo que os pacientes toman neste proceso. O conselleiro participou no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo no acto de inauguración da xornada 'Ensaios clínicos: do hospital ás persoas', celebrada con motivo do Día Internacional dos Ensaios Clínicos.

"A investigación en saúde é fundamental para avanzar no coñecemento das enfermidades e o seu tratamento, así como para mellorar a atención sanitaria e a calidade de vida dos pacientes", dixo García Comesaña ante os participantes na xornada, investigadores e asociacións de pacientes de diversos puntos de España.

En Galicia, dixo o conselleiro, existe "un importante equipo de profesionais que manteñen un destacado nivel de investigación". Como exemplo, puxo o servizo de oncoloxía do HULA, que ten en marcha 84 ensaios clínicos que abarcan diferentes tipos de cancro.

Así mesmo, a comunidade conta con "magníficos equipos de investigadores" que conforman o tres Institutos de Investigación Sanitaria, e que sitúan a Galicia como unha das cinco autonomías "con máis institutos de investigación sanitaria acreditados". Comesaña remarcou o ademais o crecemento do investimento en investigación sanitaria nos orzamentos galegos, cunha subida este ano de máis do 9%, ata alcanzar os 5,7 millóns de euros.

O conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña, participa nunha xornada sobre ensaios clínicos.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña, participa nunha xornada sobre ensaios clínicos.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta