Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2023 | Actualizada ás 15:14
Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira detiveron a dous individuos como supostos autores do roubo nunha vivenda, onde foron sorprendidos 'in fraganti'.
Segundo informaron fontes policiais, os dous sospeitosos foron interceptados cando saían, con varios efectos, do domicilio ao que accederan tras forzar a porta de entrada.
Ao ser sorprendidos, os presuntos ladróns fuxiron correndo e, tras unha breve persecución, foron alcanzados polos policías, que procederon á súa detención.
Os axentes puideron recuperar todo o subtraído: 14 reloxos, tres televisores, unha bicicleta, comestibles, bebidas e outros efectos. Todo eles foi devoltos aos seus propietarios. Os detidos e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución número 2 de Ribeira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.