Cs desaparece das corporacións galegas e non obtén representación con ningunha das súas candidaturas

Nas últimas municipais, en 2019, Cs obtivo en Galicia 35 concelleiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2023 | Actualizada ás 01:29

Comparte esta noticia

Ciudadanos non obtivo este 28M ningún representante nas corporacións galegas, onde ata agora tiña 35 edís, tras quedar fóra coas sete listas que presentara ás eleccións municipais en Galicia.

En concreto, Cs presentara candidatura en cinco das sete cidades galegas --A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo--, así como na localidade coruñesa de Cambre e na lucense de Sarria.

Con todo, unha vez finalizado o escrutinio en todos estes municipios, o partido quedouse fóra das corporacións. Nas últimas municipais, en 2019, Cs obtivo en Galicia 35 concelleiros, unha cantidade que, á súa vez, era practicamente o dobre que nos anteriores comicios locais.

Sede central de Ciudadanos Galicia
Sede central de Ciudadanos Galicia | Fonte: Cs.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta