Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 15:21
Daniel Barata Quintas, que foi conselleiro de Cultura da Xunta con Fraga entre 1990 e 1993, morreu este mércores en Ourense aos 79 anos de idade, segundo confirman a Europa Press fontes do Goberno galego.
Nacido en 1943 en Rairiz de Veiga, estudou Maxisterio e foi inspector de Educación. A súa traxectoria política levouno a militar en Centristas de Galicia --que tivo a José Luís Baltar como cofundador-- e logo no PP. Foi concelleiro na cidade das Burgas, deputado no Parlamento galego e conselleiro de Cultura do primeiro gabinete de Fraga.
Barata Quintas tamén foi integrante do Consello da Cultura Galega e do Consello Escolar de Galicia. En 2018, o sindicato educativo ANPE distinguiuno como 'Docente exemplar ourensán'.
O velorio será no Tanatorio As Burgas e ás 16,30 da tarde deste xoves o corpo será conducido á Igrexa de María Auxiliadora (Salesianos), onde se celebrará un funeral previo ao seu traslado ao cemiterio de Santa Mariña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.