Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 18:26
A Garda Civil detivo este mércores a un home que asaltou de madrugada unha vivenda no concello coruñés de Ordes e que disparou ao propietario cando este tratou de evitar o roubo.
Segundo informaron fontes de emerxencias, o suceso tivo lugar pasadas as 4,00 horas da madrugada nunha vivenda da parroquia de Buscás, cando o agora detido entrou nunha propiedade coa intención de roubar.
Ao escoitar ruídos, saíu o propietario da leira e encarouse ao presunto ladrón, que lle disparou no abdome. Posteriormente, fuxi aínda que foi detido e permanece baixo custodia da Garda Civil. Pola súa banda, o home ferido foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago e non se teme pola súa vida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.