Aprazan o xuízo contra o exconcelleiro de Seguridade Cidadá de Ourense por acoso laboral á xefa da Policía Local

A vista foi sinalada para unha terceira data, o próximo 20 de setembro.

Por E.P. | OURENSE | 31/05/2023 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

O xulgado do social número 1 de Ourense aprazou o xuízo pola demanda presentada pola xefa intendente da Policía Local de Ourense contra o exconcelleiro de Seguridade Cidadá da capital provincial, Telmo Ucha.

A demandante, que leva un ano de baixa laboral e que reclama unha indemnización de 192.000 euros ao concello ourensán, presentou unha denuncia interna ante recursos humanos alegando que sufría "presión psicolóxica" e "acoso laboral" por parte do exedil de Seguridade Cidadá en maio do ano pasado.

En decembro dese mesmo ano presentou a denuncia no xulgado do Social por acoso laboral que derivou en xuízo que debería celebrarse o pasado 13 de febreiro, pero foi suspendido pola folga de letrados xudiciais.

O xuízo foi reseñalado para a mañá deste mércores, cando volveu a ser aprazado pola ausencia de dúas testemuñas propostas pola defensa de Ucha. Un deles alegou motivos médicos e o outro que non lle foi notificado en tempo. A vista foi sinalada para unha terceira data, o próximo 20 de setembro.

Toma de posesión do concelleiro Telmo Ucha
Toma de posesión do concelleiro Telmo Ucha | Fonte: OURENSE.GAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta