Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/06/2023 | Actualizada ás 14:01
A Organización Galega de Comunidades de Montes reclamou á Consellería de Medio Rural cambios no anteproxecto de lei de loita integral contra os incendios forestais, entre eles incluír unha política de "monte veciñal multifuncional" como mecanismo e "ferramenta máis eficaz" contra estes incendios.
Faino nun comunicado e en alusión ao contido do citado anteproxecto polo que, afirma, as comunidades de montes "poden ser sancionadas cando se produza un lume nas súas terras, aínda que o lume sexa provocado por terceiros". Tamén cuestiona que se conciba este tipo de lumes no territorio galego como "un problema soamente de orde pública ao que se deben aplicar solucións unicamente policiais".
"Non se recoñece que a problemática dos lumes do territorio teñen causas estruturais como o monocultivo forestal con especies de crecemento rápido, a desordeación das masas boscosas ou o abandono do rural", apunta, entre outras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.