Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2023 | Actualizada ás 19:17
A Consellería de Medio Rural declarou a época de alto risco de incendios forestais entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, tal e como estable o plan de loita contra o lume (Pladiga) como período fixo para o verán.
Así figura na resolución do Diario Oficial de Galicia (DOG) publicada este xoves, 1 de xuño de 2023, e que asina o conselleiro de Medio Rural, José González.
Así mesmo, con esta orde se faculta ao director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, para "ditar cantas instrucións sexan precisas para modificar estas datas e declarar como perigo alto outras épocas do ano, cando as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios".
Ademais da época fixa, con base na experiencia dos últimos 20 anos establécese unha época variable de risco de incendios, cunha duración aproximada dun mes, que oscila normalmente entre os meses de febreiro, marzo, abril, xuño e outubro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.