`Canto de Andar´, a nova canción de Luar na Lubre

A encargada de cantar o novo tema musical é Rosa Cedrón, quen formou parte do grupo entre 1997 e 2005.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/06/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Luar na Lubre presenta a súa nova canción `Canto de Andar´ que formará parte do seu novo proxecto ‘Luar Na Lubre XX. Encrucillada´ que se publicará ao logo do mes de xullo. A encarda de darlle voz a este tema será Rosa Cedrón. Esto suporá un reencontro artístico e emocional ca antiga membro da grupo.

Concerto do grupo de folk Luar na Lubre
Concerto do grupo de folk Luar na Lubre | Fonte: Luar na Lubre.

‘Canto de Andar’ é unha canción composta por Bieito Romero, no ano 2008, que está inspirada nos antigos ‘cantos de regreso’ ao fogar, despois da labor diaria no mundo rural galego. Un canto ao sinxelo, ao cotiá, aos ‘pequenos nadas’ que son o esencial da beleza.

Este tema foi publicado orixinalmente no disco ‘Camiños da fin da terra’, no 2008, coa voz da cantante portuguesa Sara Vidal, un traballo que recibiu o galardón á “Mejor Canción en Lengua gallega de los Premios de la Academia de la Música”, en 2008.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta