A Xunta apunta a un problema na rede de augas de Betanzos que xestiona Viaqua tras o brote de gastroenterite

"Está aberta a posibilidade de que o problema estea na propia rede de abastecemento e saneamento e non nunha contaminación do río", di a conselleira Ethel Vázquez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2023 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestrutas e Mobilidade, Ethel Vázquez, apunta a un problema na rede de abastecemento e saneamento de Betanzos e non á contaminación no río tras o brote de gastroenterite no municipio. Precisamente, a empresa Viaqua é a encargada da subministración e o control da auga nesta localidade.

Nunha entrevista concedida a Radio Galega e recollida por Europa Press, a conselleira explicou que, a través de Augas de Galicia, investigan en colaboración co Concello de Betanzos a orixe do brote de gastroenterite xurdido nas augas municipais. Horas despois do brote, Viaqua realizou mostras e asegurou que todo estaba controladoe que a auga era apta para o consumo.

A conselleira considera pouco probable que a contaminación estea no río e lembra que a responsabilidade de potabilizar a auga é municipal e, polo tanto, da empresa subministradora, Viaqua. 

Zona vella de Betanzos
Zona vella de Betanzos | Fonte: EVA MONTERO - Europa Press

"O norovirus detectouse en dous puntos cunha orixe moi diferenciada. Nunha fonte que se fornece a través dun manancial e logo en depósitos de cabeceira. Desde Augas de Galicia está aberta a posibilidade de que o problema estea na propia rede de abastecemento e saneamento. Pedimos á cidadanía que cumpra coas normas sanitarias e instamos o Concello a realizar unha limpeza exhaustiva de toda a rede con hipercloración", detallou.

CRÍTICAS GOBERNO CENTRAL

Por outra banda, a conselleira espera que o próximo 23 de xullo, coas eleccións xerais, salga un Goberno estatal "con máis sensibilidade e atención con Galicia" e que "entenda as súas necesidades". Na entrevista, a conselleira fai balance da lexislatura que está a piques de finalizar a nivel estatal e asegura que houbo unha "falta de impulso, de avances e sobre todo de atención do Goberno a Galicia".

En canto ás infraestruturas viarias, considera Ethel Vázquez que "mesmo se retrocedeu", cunha autovía estatal menos (en referencia ao derrube do viaduto da A-6 de O Castro). "Xa hai un ano do derrube, dous desde que está pechada", puntualizou. Nesta liña, sinalou que a Galicia leva 14 anos demandando a titularidade da AP-9 para poder facer "unha xestión máis próxima ao territorio e máis acorde ás necesidades dos galegos". "En 2018 xa se nos trasladou que ía ser unha iniciativa histórica do PSOE e non se avanzou nada", asegurou.

Outro tema que abordou a conselleira é a chegada dos trens Avril. "O Goberno o que traslada son moitas escusas, moi poucos feitos e ningunha explicación oficial; un rosario de incuplimientos e atrasos", lamentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta