A Xunta apela, no Día Mundial do Medio Ambiente, á responsabilidade no consumo do plástico

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, apelou á responsabilidade e á racionalidade no consumo do plástico para evitar o seu impacto sobre o entrono. Así, fíxoo no marco da celebración da 'Semana por unha Galicia sostible' organizada pola Xunta con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra este luns.

O acto foi organizado polo Clúster Galego de Solución Ambientais e Economía Circular (Viratec), no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Segundo informou o Goberno galego, Vázquez incidiu en que "a contaminación por plásticos e os seus efectos prexudiciais na saúde, a economía e o medio ambiente non poden ser ignorados".

Desta forma, tras explicar que Nacións Unidas centrou este ano a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente nas posibles solucións á contaminación por plástico, Vázquez remarcou a unión e o traballo conxunto da sociedade galega en buscar as mellores fórmulas para afrontar os retos do futuro.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no acto de celebración do Día Mundial do Medio Ambiente / XUNTA / Europa Press
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no acto de celebración do Día Mundial do Medio Ambiente / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta