Un grupo de descoñecidos dana sete buses de Monbus en Catabois, en Ferrol

Os vehículos foron atacados "con disparos dalgunha arma de aire comprimido".

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 05/06/2023 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Sete autobuses de Monbus resultaron danados esta madrugada por descoñecidos nas instalacións da compañía en Catabois, en Ferrol, segundo informou fontes da compañía a Europa Press. En concreto, sobre o sucedido, precisaron que os vehículos foron atacados "con disparos dalgunha arma de aire comprimido", co resultado de sete lúas e dous parabrisas rotos.

Ante o sucedido, a empresa reorganizou servizos e frota "para poder cumprir con todas as rutas", aínda que se produciu "algún atraso puntual en liñas de transporte escolar e na de Ferrol-A Coruña". Tamén denunciou os feitos ante a Policía Nacional. En febreiro, dous autobuses da empresa Monbus foron alcanzados por senllos impactos de balas de aire comprimido, neste caso en Betanzos (A Coruña).

En ambos os casos, tratouse de liñas do servizo integrado, un transporte escolar ao que soben tamén persoas do transporte regular. Nun caso, non requiría de acompañante e no outro si, aínda que esta persoa non se atopaba aínda no bus cando se produciron os feitos. O impacto das balas alcanzou ás lúas dos autobuses aínda que desde a empresa precisaron que só ao exterior e non ao interior por tratarse de dobre cristal.

Danos en autocar de Monbus. MONBUS
Danos en autocar de Monbus. MONBUS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta