Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 15:26
As políticas de acceso á vivenda, a xestión do litoral ou a distribución dos fondos europeos estarán no centro do debate do pleno que terá lugar os días 13 e 14 de xuño, no que comparecerá a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, para informar da campaña estival de campamentos de verán para os máis pequenos.
A orde do día do primeiro pleno do mes de xuño foi configurado este martes na xunta de portavoces, tras a cal, compareceron ante os medios o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, a 'dúas' no grupo do BNG, Olalla Rodil, e o responsable do Grupo Socialista, Luís Álvarez.
Os grupos tamén decidiron de forma unánime mover as datas da sesión plenaria prevista para a segunda semana de xullo e que, así, non coincida coa campaña electoral para as xerais do 23 de xullo. Deste xeito, terá lugar o 4 e 5 de xullo, co que o Parlamento celebrará tres plenos en catro semanas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.