O príncipe dos xitanos que vai para concelleiro

Sinaí Gimenez é o primeiro xitano que se presenta en postos de saída nunha lista electoral en Vigo. Di que o fai para loitar contra o malgasto e a corrupción, a pesar de ter sido investigado polo exilio de máis de 200 familias desta etnia no sur de Galicia. Nun primeiro momento tanteou a Podemos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/03/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Leva meses rodeado de polémica e, a pesar diso, o que se fai chamar o príncipe dos xitanos, Sinaí Giménez, presidente da Sociedade Xitana Española, quere dar o salto á política. Unha ambición que xa lle ven de vello e que materializou con Iniciativa Viguesa, un “partido independente” que se presenta ás municipais en Vigo e coa que espira a entrar no consistorio municipal.

Sinaí Giménez nunha protesta en Ponteareas
Sinaí Giménez nunha protesta en Ponteareas

Giménez, fillo do autodenominado rei dos Xitanos, do clan dos moróns, foi investigado, canda ao seu clan, por, presuntamente, extorsionar a outros membros da comunidade cíngara galega, os denominados zamoranos. De feito, máis de 200 persoas desta comunidade tiveron que deixar Galicia polas supostas presións do clan dos moróns. Só a interevención da Fiscalía, as administracións e as forzas da orde pública fixeron posible o seu retorno e a posibilidade de que sigan vendendo en mercados ambulantes. Con todo, a tensión non se rebaixou.

E con esta situación de fondo, Giménez, que nunha entrevista na Radio Galega insistía na diferencia de “payos” e xitanos e na necesidade de que os xitanos se rexan polas “seus propias leis e regras”, sen a intervención da xustiza ordinaria, decidiu presentar a súa candidatura nas municipais. Irá como número dous para non ir como "floreiro".

Non é a primeira vez que a Sinaíz Giménez lle tenta a política. Hai anos, cando Mario Conde teimou en crear un partido político, o príncipe dos xitanos falou con el para tantear a posibilidade de presentarse nese novo proxecto político que, finalmente, non cuallou. Pero ese paso decidiu dalo agora porque “a cidadanía non está conforme cos partidos tradicionais e está bastante molesta coa clase política actual".

Antes de recalar en Iniciativa Viguesa, Giménez estivo analizando outras posibilidades e, nun comezou, pousou os seus ollos en Podemos. “Pero, despois de todo o que saíu publicado, non puido nin conformar unha lista en Vigo”, dixo para descartar esta opción.

E como se define o herdeiro do clan dos Moróns?... pois como moitos dos políticos de novo cuño, nin de dereitas nin de esquerdas. “Somos un partido de cidadáns do montón, a nosa candidatura vana a compor persoas do montón, é dicir, xente traballadora, xente con problemas económicos, desafiuzados, minorías étnicas neste caso tamén, movementos veciñais, sindicalistas, é dicir, a clase obreira, a clase media, a clase baixa", salientou durante a presentación da súa candidatura.

Por eso, e a pesares de ter sido el mesmo investigado polas forzas do orde por prácticas irregulares, Sinaí Giménez preséntase para “controlar o malgasto” e tamén a “corrupción” porque quere "utilizar os recursos dunha forma máis eficiente e máis xusta ante a realidade social que vive o país". “Eu creo que a primeira prioridade deberían ser as persoas, os cidadáns, fronte a outro tipo de intereses alleos ao que é gobernar unha cidade", dixo hai uns días.

O candidato, que resaltou que a súa familia leva en Galicia 263 anos e que el naceu e se criou en Vigo, --aínda que os membros principais do clan dos Moróns viven en Tomiño--,criticou que os partidos tradicionais "non contan cos xitanos para nada, só para ceas ou eventos electorais". “Inclúenos nas listas como floreiros”, dixo. De feito, a súa lista, dixo, non só será composta por xitanos, senón con payos “nunha idea de convivencia cidadá, fronte á exclusión de practicamente todas as clases baixas do país", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Angel Benedicto

1º Lo siento por el BNG y los medios afines a este partido como es es éste en concreto, pero la realidad es que en Vigo van a desaparecer. 2º Nunca he estado afiliado ni he participado en ninguna asamblea de Podemos, o Mario Conde ni del PP por lo tanto mienten en su información. 3º No somos un clan, somos una familia pese a quien le pese. 4º Estamos hartos de racismo encubierto de algunos medios que se dedican a ensuciar y calumniar, pues los penales de Sinai Giménez están limpios como los de una paloma blanca. 5º Hacen referencia a casos archivados por la justicia donde no se encontró ningún tipo de delito contra Sinai Gimenez, ni éste está imputado en causa alguna, por lo que pedimos rectificación inmediata ó denunciaremos al igual que hicimos con el programa de "LA SEXTA", porque en este país los que montan películas son condenados por calumnias e injurias y contra el derecho al honor. Gracias a dios la Constitución ampara a todos aunque sean Gitanos.

1 Montoya Gabarre

E en que quedou a vosa denuncia contra a SEXTA?

2 Montoya Gabarre

E en que quedou a vosa denuncia contra a SEXTA?

3 STOP VIEIRAS de IU$

PIOR E IZQUIERDA HUNDIDA DO AGE- GALIZA PARA OS GALEGOS- Martínez recuerda por qué Los Verdes rompieron su coalición con IU tras presentarse en coalición a los comicios de 2011: “Rompimos con Izquierda Unida por su negativa a reducirse el salario, acuerdo que alcanzamos en 2011, algo que para Los Verdes era inviolable”. “Nosotros no entendemos la política sin cumplir con lo prometido”, continúa Juan Carlos Martínez. “Ahora parece que a IU lo que menos le importa es el vecino. Sin ánimo de entrar en polémicas, que no es mi estilo, sí me veo en la obligación de destapar el intento de engañar al electorado por parte de IU Alcorcón”. El candidato de Los Verdes a la Alcaldía de Alcorcón denuncia que el salario de un concejal de IU en la oposición es de 5.300 € mensuales y 10.600 € en junio y diciembre: “Es un sueldo obsceno para alguien que se hace llamar representante de los ciudadanos.

1 Carrodeguas

Xa saiu o troll de garda da UPG-CIG a falar de cousas que non teñen que ver coa nova e a botar o lixo que lle sobra dentro da súa organización, tentando emporcar a toda a esquerda

2 Coiro

Hainos que teñen a cara dura e tamén hai quen crese moi listo por xantar mocos. Este Sinaí é dos últimos. Vaia peixe!!!

1 Montoya Gabarre