Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2023 | Actualizada ás 13:45
A socialista Lara Méndez foi investida este sábado por segunda vez consecutiva como alcaldesa do goberno bipartito de Lugo cos votos a favor dos seu oito concelleiros socialistas e os cinco nacionalistas liderados polo portavoz Rubén Arroxo.
"Nos próximos catros anos daremos continuidade a estas estratexias", reivindicou, nunha sesión plenaria na que os 12 concelleiros do PP votaron á súa candidata, Elena Candia.
No seu discurso, Méndez pediu a toda a corporación que "non decepcionen aos lucenses". "A eles debémonos, non os decepcionemos. Por Lugo e para Lugo", concluíu.
O pleno arrincou ás 12,00 horas deste sábado e Lara Méndez tomou o bastón de mando sobre as 12,40 horas tras procederse á votación na que a alcaldesa obtivo 13 apoios.
Os 25 novos edís xuraron ou prometeron o seu cargo. Con todo, os representantes do Bloque, que optaron pola fórmula "por imperativo legal" e portaban un exemplar de 'Sempre en Galiza' de Castelao, comprometéronse a "defender os intereses xerais dos veciños de Lugo e os dereitos nacionais do pobo galego".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.